31/12/13

ENTREVISTA A KIKO DASILVA

Preme na imaxe de KIKO DASILVA para acceder a esta entrevista da RTVG na que nos fala sobre o seu traballo no "GARAXE HERMÉTICO" cos seus alumnos e sobre as súas recentes publicacións:


27/12/13

OS NOSOS CÓMICS

Os rapaces e rapazas de 5º de Primaria aprenderon moitas cousas sobre a banda deseñada ao longo do trimestre. Como mostra aquí tendes algún dos seus traballos.

O CÓMIC

Actividades para traballar a banda deseñada cos rapaces e rapazas:

15/12/13

ASTERIX E OS PICTOS

Chega o novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta, Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana.


6/12/13

GOLFIÑO E OS INVASORES

Escrito e ilustrado por Fausto.
A humanidade aínda non o sabe, pero a invasión está en marcha! O que empeza como unha tranquila tarde no parque, convértese para Golfiño e os seus amigos nunha trepidante aventura, na que deberán enfrontarse a unha raza alieníxena que chega á terra con propósitos inconfesables...
Versíón integra en formato panorámico, cos diálogos orixinais ao completo e a cor totalmente restaurada.

VIDA DE NAI

Gemma Sesar (conta a historia)
Ramón Marcos (debuxa)
Jorge Castelli (colorea)
Velaquí a historia dunha nai de hoxe en día, con dous fillos pequenos, sen axuda para atendelos e unha empresa que trata de sobrepoñerse á crise. A vida non está feita para combinar estes dous factores: nenos e pemes, así que estas 63 páxinas se desenvolven entre a tolemia duns pais mergullados nun mundo laboral tremendamente complexo e a ledicia de Estela e Teo, que coa súa inocencia fan que todo cambie en cuestión de segundos

30/11/13

LIM SOBRE BANDA DESEÑADA

Actividades LIM sobre a Banda Deseñada para os máis pequenos. Chéganos dende O Outeiro das Penas en Cesantes (Redondela). Premede na imaxe para acceder a el.


18/11/13

CARTAS DE INVERNO. NOVELA GRÁFICA

PREME NA IMAXE
Recentemente publicouse unha versión en novela gráfica, do libro  "CARTAS DE INVERNO" do escritor galego Agustín Fernández Paz. 
Esta nova versión en banda deseñada corre a cargo de Antonio Seijas, que recolle os personaxes e ambientes creados polo autor na súa novela de terror.
«Toas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aí que declare a miña alegría ante a publicación destas novas Cartas de inverno». Agustín Fernández Paz

MARCOPOLA. A ILLA REMEIRA 2. OS PIRATAS DA LÚA

PREME NA IMAXE

Segunda entrega desta saga do autor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano. Áxil, divertida e emocionante, esta serie narra as aventuras dunha illa que, un día, decide surcar o océano.
Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación.

MARCOPOLA. A ILLA REMEIRA 1. AS ORIXES DE MARCOPOLA

PREME NA IMAXE
Escrito e Ilustrado por Jacobo Fernández Serrano e publicado pola editorial Xerais.
MARCOPOLA, antes de chamarse Marcopola, era unha illa illada no medio do océano, e aburríase moito. Todo cambiou aquela mañá en que un estraño obxecto apareceu na súa praia. Que sería esa cousa tan rara? Para que serviría? Marcopola. A illa remeira é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores que seguirá coa publicación de Marcopola e os piratas da Lúa!